Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Situado a 600 quilómetros da costa

O BNG esixe unha inspección do cemiterio nuclear da Foxa Atlántica

Advírtelle ao goberno español da necesidade de que a Axencia Internacional da Enerxía Atómica revise o estado dos bidóns con 140.000 toneladas de residuos radioactivos.

Redacción - 09:30 11/08/2007
Olaia Fernández Davila

Olaia Fernández Davila

A deputada do BNG no parlamento español Olaia Fernández Davila presentou unha proposición non de lei e unha iniciativa parlamentaria, onde lle insta ao goberno de Madrid a demandar á Axencia Internacional da Enerxía Atómica (AIEA) unha inspección submarina do cemiterio nuclear da Foxa Atlántica.

Situado a uns de 600 quilómetros da costa galega, este depósito alberga 140.000 toneladas de residuos radioactivos en bidóns dende hai máis de 25 anos. Os científicos en materia nuclear sinalaron que "estes poden comezar a acusar os primeiros síntomas de deterioración", segundo afirmou a deputada nacionalista.

Calendario de expedicións

Ademais, o BNG reclamou que a AIEA estabeleza un "calendario de futuras expedicións de seguimento e control dos restos radioactivos para así coñecer o seu estado".

Fernández Dávila lembrou que os tanques, somerxidos a uns 3.000 metros de profundidade, "hai máis de 25 que foron depositados no mar", polo que "o seu estado debería ser obxecto de preocupación e interese por parte do goberno español".


5/5 (6 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: