Consideran que durante esta crise incendiaria en Canarias o executivo de Zapatero é máis áxil e ofrece máis compromisos dos concedidos a Galiza o ano pasado.
"Estamos a favor de que os canarios cobren pero está claro que o decreto que asinaron para Galiza esta moito máis limitado e provocou que parte dos afectados non se beneficiaran das axudas", criticou o secretario xeral do PPdeG este xoves.
Afonso Rueda afirmou que o goberno do PSOE en Madrid estalle dando un trato diferente a Canarias e lamenta que "o goberno español non estivo á altura das circunstancias durante a crise do 2006 en Galiza". "Moita xente aínda non cobrou nada", asegurou.