Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
Pleno extraordinario o venres

O Concello de Ferrol anulará a urbanización de Menáncaro

A coalición de goberno escollerá posteriormente a figura de protección para o contorno natural da fraga.

Redacción / EP - 19:06 31/07/2007

O goberno de Ferrol anulará o venres nun pleno extraordinario o proxecto de urbanización da Fraga de Menáncaro, que aprobara o anterior executivo, formado por PP e Independentes por Ferrol (IF). O punto concreto da orde do día será a proposta de iniciación do expediente de revisión de oficio do acordo do 20 de abril pasado, que aprobou definitivamente o plan de sectorización da fraga.

O concelleiro de Planificación, Xestión Urbanística e Infraestruturas, Ángel Mato, informou este martes de que con esta decisión se lle dará cumprimento tanto ao compromiso electoral como ao pacto de goberno entre o PSdeG-PSOE e Esquerda Unida e mais aos dous requirimentos emitidos pola Consellaría de Medio Ambiente.

O novo executivo estima que os informes autonómicos son preceptivos, pois se refiren á protección dunha área de importante valor ambiental. O goberno decidirá máis adiante que figura empregará para preservar a Fraga de Menáncaro.
Mato explicou que levará o asunto, aínda que fóra da orde do día, á Comisión Informativa de Urbanismo do mércores 1 de agosto. O tema non se tratara en pleno por se atopar o goberno municipal á espera de recibir informes xurídicos.

O anterior executivo ferrolán aprobara un plan que permitía construír 69 chalés e un hotel de luxo na parroquia de Serantes, nunha urbanización promovida por unha empresa privada, nuns terreos dos que o anterior tenente de alcalde e líder de IF, Juan Fernández, posúe o 75% da zona urbanizábel.


4,44/5 (9 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: