Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Viven a pé da planta

Corenta veciños péchanse no Concello de Mugardos en protesta por Reganosa

Poucos días despois de que a Xunta aprobase o Plan de Emerxencia Exterior, veciños mugardeses protestan contra o proxecto.

Redacción - 12:07 23/07/2007

A pasada semana o Consello da Xunta deulle beizón ao plan de emerxencia para a regasificadora que estabeleceu unha liña de seguridade de 400 metros, límite que inclúe vivendas particulares a menos distancia.


O plan, co que xa apandara semanas antes a comisión galega de Protección Civil, é denunciado pola xente que vive nas edificacións que están á beira da planta, no Concello de Mugardos. En protesta, este luns decidiron acudir ás instalacións do Concello e pechárense aló para chamar a atención sobre a situación. Entre outros, critican as dificultades para accederen a información sobre o plan e avisan de que nin sequera o Concello tivo acceso aos detalles. Organizados a través da plataforma de veciños O Cruceiro, hai xa anos que presentaran alegacións ao proxecto, alertando de que a regasificadora se estaba construíndo apenas a 80 metros da casa máis próxima.

Os veciños permanecen na Casa do Concello desde as 11h da mañá, despois de entregaren un comunicado onde piden o apoio da corporación municipal para a solicitude de entrevista con Francisco Barroso Palomino, director da Área de Industria e Enerxía da Coruña, de quen depende a autorización final de explotación a Reganosa. Tamén piden que lles reciba a Dirección Xeral de Protección Civil de Galicia, entidade á que acusan de promover "indebidamente" o plan de emerxencia aprobado pola Xunta o pasado xoves 19 de xullo.


5/5 (12 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: