Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
deporte federado

Deporte asina convenios con outras tres federacións

Tenis de mesa, xadrez e rugbi son as últimas federacións en asinar o acordo.

Redacción - 18:38 19/07/2007

Dentro dos seus planes de colaboración e axuda á xestión das federacións deportivas galegas, a Dirección Xeral para o Deporte asinou tres novos convenios con estas entidades, aprobados polo Consello da Xunta na mañá da quinta feira.

Os convenios que se asinan levan aparellados unha colaboración económica da Xunta, para axudar no gasto ordinario e para a fixación dun programa de actividades de promoción e desenvolvemento de cada unha das tres modalidades deportivas destas federacións.

O custe total dos tres convenios de colaboración é de 283.500 euros
O convenio coa Federación Galega de Tenis de Mesa ten un custo de 70.000 euros, a dividir en dous anos, con programas para a promoción do deporte feminino (10.000 euros nos dous anos), a integración no deporte, seleccións galegas ou para o mantemento da estrutura e a utilización do galego nas sinais de identidade corporativa, entre outros.

O da Federación Galega de Xadrez, bianual, ten un custo de 136.000 euros (77.000 euros para o presente ano e 59.000 euros para o 2008).

E o da Federación Galega de Rugbi, tamén é un convenio bianual cun importe de 97.500 euros.

Convenios asinados con varias federacións

Nos dous últimos meses, fóronse concretando os convenios de colaboración coas federacións deportivas galegas e continuarase nas próximas semanas até pechalos todos. Nestes momentos están asinados os convenios con 36 federacións, aos que hai que sumar os tres que pasaron agora polo Consello da Xunta.


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Imaxe do programa de apoio ás federacións
Imaxe do programa de apoio ás federacións
Deporte quere axudar no financiamento das federacións deportivas galegas, a través da asinatura de varios convenios
Deporte quere axudar no financiamento das federacións deportivas galegas, a través da asinatura de varios convenios