Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Premios da Deputación da Coruña

Teresa Moure gaña o Rafael Dieste e presenta un novo libro

A autora, que exerceu de mantedora literaria nos Premios Xerais, obtén o premio por Unha primavera para Aldara, e publica Benquerida catástrofe, na mesma editorial.

Redacción - 19:17 11/06/2007
Teresa Moure

Teresa Moure

A escritora monfortina Teresa Moure é a gañadora do XIII premio de teatro Rafael Dieste, que concede a Deputación da Coruña. A súa obra Unha primavera para Aldara, ambientada na época das loitas irmandiñas, acadou a unanimidade do xurado, que definiu a autora como “unha excelente narradora e autora teatral”. O premio está dotado con 6.500 euros, a publicación da obra e a súa representación por toda a provincia.

Teresa Moure está a ter unha semana moi atarefada. Despois de ter pronunciado o discurso de mantedora literaria dos Premios Xerais o sábado pasado, presentará, o mércores 13, o seu novo libro Benquerida catástrofe. Nel, cóntase o proceso de reconstrución da identidade sexual de dous personaxes. O acto será na Libraría Pedreira, en Compostela.

Por outra banda, o premio de composición musical Andrés Gaos, que tamén outorga a deputación coruñesa, recaeu este ano, na súa sétima edición, a Antoni-Ernest Sebastià Torrent, coa obra Angelus Novus.


1/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



O libro que se presenta este mércores
O libro que se presenta este mércores
O xurado do Rafael Dieste, facendo público o seu veredicto
O xurado do Rafael Dieste, facendo público o seu veredicto