A escritora galega Teresa Moure e o seu tradutor ao catalán, Pere Comellas, falan de Herba d’enamorar, a versión ao catalán de Herba moura, editada por La Campana. No programa De llibres, que ten formato tertulia, os seus presentadores, o escritor Vicenç Villatoro e Natza Farré, comparten o plató cada semana con dous convidados para falar sobre o libro elixido.
De llibres
- Emisión en directo: no Canal 33 o venres 17 de novembro de 2006 ás 22:50
Reemisións:
- No Canal 33 o sábado 18 de novembro ás 02:15
- No canal internacional TVCi o sábado 18 de novembro ás 00:50 e o domingo 20 de novembro ás 13:15