Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Torturas despois do 11-S

Un informe do Consello de Europa conclúe que existiron prisións da CIA no continente

Polonia e Romanía son os dous principais estados en que se recluíron sospeitosos de terrorismo, grazas a un pacto asinado polos estados membros da OTAN.

Redacción - 10:45 08/06/2007
Dick Marty / Foto: coe.int

Dick Marty / Foto: coe.int

Un estudo encargado polo Consello de Europa conclúe que a CIA tivo prisións secretas en Europa, nomeadamente en Polonía e Romanía. Nesas cárceres, os sospeitosos de teren colaborado nos atentados do 11-S eran interrogados e torturados.

O informe, dirixido polo senador suízo Dick Marty, recolle as declaracións de responsábeis da seguridade dos dous países do Leste que contradín as negacións dos seus gobernos. Os prisioneiros non tiveron acceso á Cruz Vermella e estiveron sometidos ao que George Bush chama “interrogatorios reforzados”, considerados por moitos como torturas.

O traballo encargado polo Consello, amosa probas de que existiron esas prisións da CIA, despois de máis dun ano de sospeitas, segundo informan diversos xornais europeos, como The Guardian e Le Monde. Tamén se desvela que a OTAN asinou un acordo cos Estados Unidos que permitía que os avións usados pola CIA atravesasen o espazo aéreo dos seus estados membros.

A investigación considera que o acordo, que pode ter sido ilegal, foi asinado por todos os estados membros, o que só puido ser posíbel mediante a colaboración a varios niveis das institucións dos socios dos Estados Unidos. Polo tanto, conclúe que esas prisións secretas existiron en Europa entre 2003 e 2005, en particular en Polonia e Romanía, e que as autoridades estatais eran conscientes deses feitos.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: