"Temos un alto grao de convencemento de que cando menos este tipo de instalacións existirían en Polonia e Romanía". Así o advertiron esta semana desde o colectivo Human Rights Watch, logo das informacións ao respecto do Washington Post, onde non se mencionaban países concretos en territorio europeo. As evidencias sobre os voos que a axencia de espionaxe estadounidense despregou para o transporte de presos desde Afganistán serían as probas máis sólidas disto, segundo lle explicou ao Financial Times o director desta asociación. E ao tempo que a Casa Branca non desmintiu a información do Post, o ministro de Interior da República Checa recoñeceu que o goberno USA lle pediu construír unha prisión no país, petición que os checos rexeitaron.