Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Fútbol

Os escándalos da Federación non teñen parada

O secretario da entidade ten que lles pagar aos dous traballadores por acoso laboral.

Redacción - 11:46 25/05/2007
Escudo da Federación

Escudo da Federación

O pasado mes de marzo a Dirección Xeral para o Deporte cesaba a toda a cúpula de mando da Federación Galega de Fútbol, por apreciar a existencia de "infraccións moi graves" como "a incorrecta utilización de fondos privados, subvencións, créditos e avais".

En vista disto, para a Dirección Xeral só cabía propor inhabilitacións "para catro e dous anos", mais, ao advertir tamén indicios de delitos como a malversación de fondos, a falsidade documental ou a apropiación indebida decidiu trasladar toda a documentación ao Ministerio Fiscal, a fin de que resolva se se poden derivar responsabilidades penais.

Mentres o caso continúa sen se resover, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia decidía na quinta feira desestimar o recurso legal que o ex secretario da federación tiña interposto a federación contra la sentencia dictada polo xulgado do social número 4 d'A Coruña, en decembro do ano pasado, que obrigaba ao, naquela altura secretario da Federación, Ramón del Llano, a indemnizar a dous traballadores da entidade por acoso laboral.

Ao final del Llano vai ter que pagar uns 2.500 a un dos traballadores, e uns 600 euros ao outro, xa ue,segundo se pode ler na sentenza, "Os feitos denunciados son constitutivos da figura do acoso moral" e "vulnera os seus dereitos fundamentais á dignidade, igualdade e non discriminación, e á integridade física e moral", termina.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: