Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
[FÚTBOL]

A Asociación de Clubs de Fútbol acusa a federación de irregularidades nas contas

O pasado venres a Asociación de Clubs Galegos de Fútbol, a través do seu presidente, Plácido Díaz, presentaba na dirección xeral para o Deporte unha serie de documentos cos que acusan aos dirixentes da Federación Galega de Fútbol de ter cometido supostas irregularidades contábeis. Segundo a asociación, o presidente federativo, Xulio Meana; o secretario xeral, Ramón de Llano; e Fernando Blanco, presidente do Comité Técnico de Adestradores, desbaldiron unha "cantidade esaxerada" de cartos a cargo da federación en concepto de dietas, facturas de taller, teléfono móbil, xoierías, taxis, ou incluso viños.

- 10:41 19/09/2006
Tags:

"O importe dalgúns recibos chama poderosamente a atención". Así responde Plácido Díaz, presidente da Asociación de Clubs de Fútbol cando se lle pregunta polas anomalías que estes días denunciaron ante a dirección xeral para o Deporte.

Díaz, que representa a todos os equipos galegos da Terceira División e dos dous grupos de Preferente, achegou ata a dirección xeral uns documentos cos que proba o desbalde de cartos que está a facer a Federación Galega de Fútbol nos últimos anos. O presidente sinala varias ocasións nas que o gasto foi esaxerado. "Non é normal que cando o presidente colle un taxi o teña esperando na porta da oficina varias horas, o lóxico sería que ao saír chamase a outro".

Catro viaxes nun día entre A Coruña e Santander, facturas pola compra de viño por valor de 6.000 euros, dietas que son cobradas dúas veces, substitución de pneumáticos de coches particulares, duplicidade de documentos, son algunhas das irregularidades que a asociación denunciou. "Todo isto hai que sumalo aos desorbitados salarios dos directivos, que no caso do secretario xeral superan os cen mil euros anuais".

Non ten nada que ver co proceso electoral
Segundo asegurou o presidente da asociación a Gz-Deportiva, estes feitos denunciados non teñen nada que ver coas próximas eleccións federativas. "Non teño ningún interese en formar parte do proceso electoral, nin eu nin ningún dos dirixentes da asociación". E asegurou que é agora a dirección xeral para o Deporte quen ten que decidir o seguinte paso, xa que a documentación e as probas xa están no seu poder.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: