Comeza este venres o I Festival de Música de Galicia en Catalunya organizado no marco do Maio Cultural Galego de Rede.cat.
Unha intensa fin de semana de concertos, conferencias e obradoiros de música tradicional. Desde o venres coa "Noite de Mulleres" até o domingo con "Nova Galega de Danza", no Palau de la Música Catalana, pasando o sábado na Plaça del Rei a "Noite de Maios", con Berrogüeto e Dumbala Canalla, ou a mañá do domingo co concerto das Aulas de Música Tradicional. Consulta o programa completo no SonGaliza ou en Vieiros.