Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
‘Counter piquete’

O presidente de Uruguai protagoniza un videoxogo no que ten que matar ecoloxistas

Tabaré Vazquez ten que eliminar os activistas arxentinos que bloquean as pontes entre ambos países para impedir a construción de papeleiras na beira uruguaia.

Redacción - 13:22 07/05/2007
Portada do videoxogo

Portada do videoxogo

Na compaña dos seus ministros de Exteriores, Reinaldo Gargano, e economía, Danilo Astori, o dirixente charrúa ten que desfacerse dos ecoloxistas que loitan contra a construción dunha papeleira da compañía finlandesa Botnia en Fray Bentos.

Trátase do obxectivo dun videoxogo creado pola web humorística DiosNosLibre.com. Nel, parodiase a crise internacional entre Uruguai e Arxentina por mor das papeleiras. Ecoloxistas arxentinos adoitan bloquear as diversas pontes sobre o río Uruguai que unen ambos países co fin de boicotear a construción das factorías.

O xogo, co nome de ‘Counter Piquete’ ten tres fases diferentes. Na primeira, os políticos loitan por acadar unha boa puntuación ao enfrontarse aos ecoloxistas na ponte entre as localidades de Fray Bentos e Guelaguaychú. Na segunda fase o que importa é o número de activistas asasinados no paso entre Paysandú e Colón. Na terceira fase, (Salto-Concordia) o xogador ten que acabar cos ‘piquetes’ tendo en conta o tempo empregado.

Desde a web DiosNosLibre.com insístese en que “o xogo apunta a satirizar a situación actual entre os pobo irmáns e debe ser tomado como a parodia que é” e sinalan que agardan que as personaxes “se tomen o xogo co humor que lle corresponde”.

  • Videoxogo online 'Counter Piquete'
  • Wikipedia: Conflito entre Argentina e Uruguai polas plantas de celulosa


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: