Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O GOBERNADOR DE ENTRE RÍOS AVISA QUE O CONFLITO REMATARÁ NO TRIBUNAL DA HAIA

O Banco Mundial insinúa agora a beizón ambiental á papeleira de Ence en Uruguai

Ténicos da Corporación Financieira Internacional, organismo vencellado ao Banco Mundial, presentaron esta semana o borrador dun informe que minimiza o impacto ambiental das dúas celulosas que pretenden construírse na fronteira entre Arxentina e Uruguai. O anuncio chega non moito tempo despois de que a "defensora do pobo" da institución advertise do défice dos estudos ecolóxicos presentados polas empresas, poñendo en cuestión a colaboración económica da institución no proxecto. O gobernador da provincia arxentina de Entre Ríos, Jorge Busti, dubida da rigorosidade do borrador agora publicado.

- 11:03 20/12/2005
Tags:

O estudo presentado asegura que "non se identificaron impactos das dúas fábricas sobre a biodiversidade e os hábitats naturais" e argumenta a prol do proxecto o feito de estárense construíndo "en terras que se usaban para o agro", asegurando que "non lle afectarán á vida acuática e ao uso recreativo do río Uruguai". O borrador subliña tamén que as emisións contaminantes previstas para estas dúas papeleiras cumprirán as normas do Banco Mundial, e recoñece que en determinadas circunstancias os gases ulorosos poderán sufrirse en distancias de entre 5 e 10 km. A responsabilidade directa deste novo informe correspóndelle en exclusiva á Corporación Financieira Internacional, o organismo que inicialmente xa comprometera o seu apoio económico a esta obra. Lembrámoslles que en conreto, o proxecto de ENCE tén un custo estimado de 542,5 millóns de euros, dos que a CFI até 164,5 millóns.

Ao respecto, Jorge Busti, gobernador de Entre Ríos, advertiu sobre a falta de veracidade do informe, atribuíndolle ao director de Fabricación da Corporación Financieira, Dimitris Tsitsiragos, intereses directos no proxecto das papeleiras. Busti dixo que ese borrador baséase no propio informe realizado por unha consultora que xa fora impugnado diante da defensora do pobo no Banco Mundial. Ao tempo, dixo agardar a independencia do informe que nas próximas semanas se espera que dea a coñecer a propia defensora do pobo do BM, Meg Taylor.

Busti revelou que as xuntanzas realizadas entre as administracións arxentina e uruguaia nos últimos tempos non amosaron avances significativos e dixo estar seguro de que a desputa que enfronta aos dous gobernos "vai rematar no Tribunal Internacional da Haia". O goberno insistiu en que a oposición arxentina á construcción das papeleiras "non é cuestión contra a nación uruguaia, senón unha cuestión en defensa do medio ambiente".

Recomendámoslles ampliar no diario uruguaio La República e no arxentino Clarín.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: