Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Premio ex aequo

O Max de teatro en galego, para Pernas e Álvarez Ossorio

As mazás con antefaz que veñen a Galiza este ano son dúas: tanto Carlos Álvarez-Ossorio como Gustavo Pernas Cora gañaron o premio Max ao mellor texto teatral en galego, logo de empataren nos votos.

Redacción - 17:56 17/04/2007

Na noite do luns 16 de abril foron entregados en Bilbo os premios do teatro estatal, organizados pola Sociedade Xeral de Autores e Editores (SGAE): na categoría de Mellor Autor en galego concorrían Álvarez-Ossorio, pola obra A casa do pai (interpretada por Cámara Negra, Teatro do Noroeste e Noescafé Teatro) e Pernas Cora por Final de película (Áncora Producións). Este último gañara xa o ano pasado con Paso de cebra. Canda eles era finalista José Luis Prieto (por Carambola: cóncavo convexo, de lagarta, lagarta), tamén gañador de dous premios Max nas edicións de 2003 e 2005.

Entre as grandes vencedoras da noite, La Cabra o qui és Sylvia?, de Stage Door, Teatre Romea, obtivo os Max a mellor espectáculo, mellor adaptación, e mellor dirección. Cabe salientar que o premio de honra foille entregado a un dos máis prolíficos autores do teatro español, Fernando Arrabal.


Documentos

5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: