Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
OS PREMIOS DO TEATRO

E máis finalistas... Esta vez dos Max

Xa sabemos quen vai aos Óscar, e tamén quen estará na gala dos Mestre Mateo. Pero ademais do cinema, a arte de Talía tamén premia aos mellores intérpretes, á mellor dirección, e ao mellor texto. Xa coñecemos os nomes dos candidatos aos Premios Max 2006. Estes galardóns, que reciben o nome do inesquecíbel personaxe de Luces de bohemia, serán entregados no Pazo Euskalduna o próximo 16 de abril. Nas candidaturas ao mellor texto en galego, competen Carlos Álvarez-Ossorio (por A casa do pai, levada á escena por Cámara Negra, Teatro do Noroeste e Noescafé Teatro); Gustavo Pernas Cora (por Final de película, de Áncora Producións); e José Luis Prieto (por Carambola: cóncavo convexo, de lagarta, lagarta. Quen deles levará a mazá con antiface?

- 17:28 29/01/2007
Tags:

Aínda haberá outro finalista galego aos X Max entre as obras concursantes a Espectáculo Revelación; os nomes dos aspirantes a esta categoría, elixidos a través dun comité especializado, facilitaranse nos próximos días.

Gustavo Pernas Cora xa gañou o último Max ao Mellor Autor Teatral en Galego, o ano pasado, por Paso de cebra, e José Luis Prieto obtívoo en dúas ocasións, con Monólogo do imbécil (2003) e Fobias (Max 2005).


Documentos

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: