A Gentalha celebra o sábado a partir das nove e media da noite unha festa en que se retrocederá dúas décadas no tempo.
Cartel da festa
Para se ir ambientando para a ocasión, o blog da entidade está a recibir fotografías dos seus membros naquela época, que a moitos colleu en plena infancia. Os anos pasaron, e é difícil recoñecer naqueles nenos a Gentalha do Pichel de hoxe.
Ângelo Meraio, no seu blog Da periferia ao centro da lusofonia, tamén lembra como era na súa tenra infancia e, ademais, fai un interesante repaso á música da época. Para analizar a evolución sonora, de vestiario e de escenografía, dedica unha entrada enteira a recompilar todas as actuacións de Portugal no festival de Eurovisión de 1980 a 1989, mala a mala sorte do país veciño na competición artística paneuropea.
No local da Gentalha o sábado 17 escoitarase música da época, de series de televisión, debuxos animados, publicidade, e veranse material gráfico, xogos e obxectos dunha década que viu medrar moitos dos membros da asociación. A recadación destinarase a cubrir o custo da reinstalación eléctrica do local.