Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
O XOVES ÁS 20.30 TERÁ LUGAR O ENCONTRO 'LINHAS DE FUGA'

Debate sobre as alternativas para a lingua no Pichel

Un día despois do Día Internacional da Lingua Materna, este xoves 22 ás 20.30, o local social da Gentalha do Pichel en Compostela acolle o debate Linhas de fuga. Nel, tres persoas que teñen traballado a prol da normalización lingüística, dende diferentes posturas e ámbitos, danse cita para falar sobre as alternativas á castelanización: Elías Torres, Maurício Castro e Teresa Moure.

- 12:52 21/02/2007
Tags:

Elias Torres é o vicerreitor de cultura na USC e vicepresidente da Associação Internacional de Lusitanistas. Maurício Castro é docente na EOI da Coruña, activista cultural, e sociolingüista. E Teresa Moure, doutora en Lingüística Xeral pola USC, gañou o premio Xerais de novela no 2005 con Herba Moura e ten publicado varios estudos sobre multilingüismo e diversidade. Co ensaio Outro idioma é posible obtivo o premio Ramón Piñeiro. Todos eles estarán no Pichel para debater sobre a diversidade das linguas.


0/5 (0 votos)