Esta fin de semana é especialmente hiperactiva para a asociación compostelá Gentalha do Pichel: comeza forte o venres, cun concerto da mítica agrupación Os Estalotes. Vaise montar unha boa foliada no seu local, no 21 da Rúa Santa Clara, a partir das dez da noite. Xa o sábado, sobre as oito, terá lugar un encontro entre Galiza e Cataluña, para todas as persoas interesadas. E o domingo, dúas actividades ben interesantes: a partir das dez e media, un obradoiro de elaboración de xabrón, para a reciclaxe do aceite usado. E, a partir das dúas, quinto xantar temático! Esta vez, con mazás, que ofrecen un mundo enteiro de posibilidades, tanto de pratos dóces como salgados. Actividades para todos os gustos esta fin de semana.