‘The ellas’, (pronunciado ‘di ellas’), dicían os poucos carteis que anunciaban a posta de largo en Vigo da nova formación liderada por Luís Tosar. Vieiros achégavos vídeos e mp3 con mostra da potencia do grupo.
Tosar lidera un grupo de versións de temas popularizados por mulleres
Dicía Luís Tosar estes días na prensa viguesa que esperaba sorprender co seu novo e grupo, e así foi. A Fábrica de Chocolate quedouse sen papel para acoller a actuación de The Ellas, a particular homenaxe á muller do lugués.
Coincidindo coa celebración do Día Internacional da Muller, o actor lugués presentou na noite do mércores e ante un entregado publico todo un repertorio de cancións escritas ou popularizadas por mulleres.
E dicimos que sorprendeu porque Tosar tennos pouco acostumados a ver a súa faceta máis feminina. Aínda que sen perder a virilidade na súa particular voz, o gañador de dous Goyas interpretou excepcionalmente temas de Abba, Alanis Morriste, The Bangles, Alaska ou Garbage.
Todo isto acompañado por vellos coñecidos da escena musical galega: Piti Sanz, Iván Laxe, Suso Alonso e Ro Muñoz. Sen dúbida, unha escolma dos mellores instrumentistas da provincia de Lugo. Os cinco, cunha estética de informáticos da Nasa dos anos 60, tinguiron sen pudor de toques rock e punk composicións de sobra coñecidas para o público.
Escoita parte do directo no novo Vieiros
Aínda que recoñece que non está “moi conectado” a internet, Luís Tosar non quixo perder a ocasión de felicitar a Vieiros e os seus lectores pola nova etapa que comezamos este xoves. Así, The Ellas ofrecéronnos en exclusiva tres cancións do seu concerto deste mércores en Vigo.
O himno para as post rupturas emocionais ‘I will survive’, popularizado por Gloria Gaynor; o ‘hit’ de 1986 ‘Walk like an egyptian’ de The Bangles; e o ‘Cómo pudiste hacerme ésto a mi’ de Alaska y Dinarama. Tres cortes que ben amosan a contundencia e garra de ‘The Ellas’ sobre as táboas.
Ferve o escenario con "Walk like an egyptian"
http://media.vieiros.com/vieiros/tosar/tosar_como_pudiste.flvTosar canta "Como pudiste hacerme esto a mi"