Xarmenta, a Asociación Berciana da Lingua, fixo público o resultado dos I Premios Xarmenta, que recaeron no actor Luís Tosar, como personalidade distinguida pola súa defensa do galego, e no Consello Comarcal do Bierzo. Con este galardón a asociación berciana, como institución que colabora na difusión do galego. A entrega dos galardóns será o vindeiro 11 de xaneiro no Teatro Bergidum de Ponferrada.
Segundo comunican dende a propia Xarmenta a decisión de outorgarlle o premio ao actor Luís Tosar pola súa defensa da lingua tomouse de xeito unánime entre o xurado, para destacar o seu compromiso público co galego, "aínda unha vez dentro do cine español non fixo que decaese o seu compromiso coa lingua e con Galiza".
A institución galardoada polo seu compromiso coa defensa e promoción do galego resultou ser o Consello do Bierzo, que dende 2001 realizou diversos acos públicos en favor do galego, rotulou de xeito bilingüe os topónimos bericanos e fixo un recoñecemento para o galego dentro da Lei da Comarca do Bierzo.