Vieiros

Vieiros de meu Perfil


COORDINARÁ MANCOMÚN

O software libre será protagonista de Xuventude Galiza Net 08

Entre o venres e o domingo, os grupos de usuarios de Linux de Galiza contarán cun espazo propio no encontro informático.

Redacción - 14:30 11/03/2008

A iniciativa galega a prol do software libre, Mancomún, coordinará este ano as actividades relacionadas co código aberto na edición do 2008 de Xuventude Galiza Net , encontro informático que se vai desenvolver esta fin de semana en Compostela. O centro situará un expositor de grandes dimensións á entrada do Palacio de Congresos e Exposicións que servirá como punto de encontro do software libre no evento.

Alí amosaranse os proxectos dos grupos de usuarios de Linux do país, os novos escritorios, información xeral sobre software libre e demostracións de aplicacións.

Así mesmo, Mancomún organizará obradoiros sobre a construción de robots, actualizar blogs empregando o móbil e aprender a traducir programas informáticos. Paralelamente, desenvolveranse mesas redondas sobre reciclaxe de ordenadores e sobre emprego e software libre. Este ano o reto será traducir ao 100% a futura versión do paquete ofimático libre OpenOffice.org, a 3.0, usando a aplicación web Entrans.

Os horarios e o programa do Xuventude Galiza Net, ao que se van engadindo cada vez máis actividades a medida que se achega o venres, pódense consultar na súa web oficial.


5/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: