Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Tag: salario

17/Marzo/2010 /

Galiza, onde traballar é máis barato

Rexistra os salarios máis baixos do Estado Español, despois de Estremadura e Canarias. O custe salarial de cada galego é de 13 euros á hora.


22/Febreiro/2010 /

Ser muller significa traballar un cuarto de xornada de balde

A desigualdade entre os salarios femininos e masculinos diminuíu en Galiza do 27,3% de 2002 ao 25,5% de 2008.


12/Xaneiro/2010 /

O salario debería subir 540 euros anuais

Para non perder poder adquisitivo, aquelas nóminas que baixan da media galega deberían experimentar un incremento dun 3% neste ano.


24/Outubro/2009 /

Os altos cargos da Xunta cobrarán dous mil euros menos

Feijoo anuncia que conselleiros, directores xerais ou presidentes de empresas públicas sufrirán unha rebaixa dun 3% nos seus salarios.


O PSdeG acusa a Xunta de querer "conxelar" o soldo dos funcionarios e "subir" o dos xefes territoriais
14/Xuño/2009 /

O PSdeG acusa a Xunta de querer "conxelar" o soldo dos funcionarios e "subir" o dos xefes territoriais

A Consellaría de Facenda propuxo un incremento retributivo de 210 euros mensuais no complemento específico dos salarios dos 'superdelegados'.


5/Maio/2009 /

O novo salario do alcalde de Muras supera o total que o concello dedica a infraestruturas

Os grupos da oposición -PSdeG e BNG- , denuncian que o rexedor do concello da Terra Chá, Isaam Algnam Azam (PPdeG) vai chegar a cobrar perto de 60 mil euros.


14/Febreiro/2009 /

Un estudo revela que os titulados universitarios no curso 2005/06 cobran de media 1.175 euros

O 71% dos mesmos están a traballar e tardaron unha media de cinco meses en acceder ao mercado laboral.


16/Decembro/2008 /

Aceptan unha redución nos salarios a cambio de evitar despidos

Os sindicatos e empresarios do sector siderúrxico acordaron nóminas un 10% máis baixas sempre e cando se mantivese íntegro o cadro de persoal.


5/Setembro/2008 /

Seis de cada dez galegos non chegan a mileuristas

Os técnicos do Ministero de Facenda alertan ademais de que o Estado Español conta cunha economía somerxida que representa o 23% do PIB.


11/Xaneiro/2008 /

A xente nova precisa o dobre do seu salario para poder pagar a vivenda

A mocidade galega segue a ser a que máis tarde marcha da casa do Estado, e cada vez máis.


24/Xullo/2007 /

O PPdeG propón que o Parlamento lle impoña límites aos soldos dos rexedores

O elevado salario da alcaldesa do PPdeG en Sanxenxo, a mellor pagada do país, acendera hai semanas a polémica. Agora, os populares están dispostos a reformar o sistema de retribucións.