"A mobilidade é unha das potencialidades no espazo entre o Norte de Portugal e a Galiza", din desde a Associação Empresarial de Viana do Castelo.
O elixido presidente do Consello Económico Social portugués defende os trazos comúns e aposta polo traballo conxunto fronte á globalización.
O 'Jornal de Notícias' fala con traballadores galegos que se queixan do paro en Vigo e prefiren renunciar aos seus dereitos á outra beira do Miño.
O foro enmarcado no proxecto Bioemprende reúne, principalmente, axentes relacionados coa alimentación, a medicina e o medio ambiente.
Por outra banda, o DOG publica este luns o Decreto polo que se aproba o Plan de Ordenación dos Recursos Naturais na beira galega.
A cooperación transfronteiriza deberá centrarse nas cuestións cotiás que melloren a calidade de vida dos cidadáns: isto é "o que fai Europa".
O concello, que forma parte da Grande Área Metropolitana do Porto, concentrará as actividades nos meses de xuño, xullo e agosto.
Malia o desemprego na zona, os habitantes do Norte de Portugal prefiren traballar na Galiza pola grande diferenza salarial.
A cifra incrementarase noutros cinco mil logo do convenio asinado entre o corpo e un posto de combustíbeis de Tui.
A cidade portuguesa anunciou este martes que opta á distinción. Con anterioridade, Vilagarcía xa mostrara o seu interese da beira galega.
A vicepresidenta do territorio veciño presenta a Eurorrexión e a eurocidade Chaves-Verín como modelos de cooperación transfronteiriza.
Un estudoso sobre o sistema aeroportuario do Norte de Portugal e Galiza aposta por gañar vantaxe competitiva a través do Sá Carneiro.
Case 500 portugueses, entre estes o director, traballarán no centro, que contará con 80 tendas das "mellores marcas mundiais".
Converterase na primeira eurorrexión que se constitúe na Península Ibérica e a terceira, en toda Europa.
O goberno portugués saca a concurso público a construción do primeiro tramo da liña que unirá a capital lusa coa española.
A conexión por fibra óptica Telépole permite unha mellor comunicación entre seis polígonos industriais da Eurorrexión.
A ex ministra portuguesa, Elisa Ferreira, insiste na necesidade dun "poder intermedio entre o Governo e as Câmaras Municipais".
Critican que precisan agardar entre catro e seis meses a que se lles recoñeza a titulación.
O presidente da Comisión de Desenvolvemento da rexión, Carlos Lage, defende a descentralización como xeito máis eficiente de dinamizar a economía.
O Diário de Notícias afirma que grupos galegos van incrementar o número de investimentos no municipio 'vizinho'.