Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Tag: ciberirmandade

17/Setembro/2009 /

A Ciberirmandade pide que Tuenti estea na nosa lingua

Súmase a unha campaña que solicita a tradución da interface ao catalán, ao éuscaro e ao galego.


14/Xullo/2009 /

A Ciberirmandade pídelle á Xunta que siga apoiando o software libre

O colectivo lémbralle ao PPdeG a súa promesa electoral e valora a permanencia de Mancomún como unha ferramenta de galeguización.


29/Xuño/2009 /

A Ciberirmandade remodela a súa web para fomentar a participación

Unifica o sistema de usuarios da web e dos foros e permitirá que calquera poida publicar novas e convocatorias.


5/Xaneiro/2008 /

Grupos de usuarios traducen un software xestor de foros

Xa están dispoñíbeis as traducións da documentación de phpBB e mais os sistemas SMF, Vanilla, miniBB e Fireboard.


3/Outubro/2007 /

A Ciberirmandade lanza unha campaña para galeguizar Blusens

Animan aos internautas a advertir ao fabricante que non mercarán os seus mp3s se non incorpora a lingua do país


Obélix na campaña da Mesa
28/Maio/2007 /

En galego, por Tutatis!

Con esta expresión de Astérix, a Ciberirmandade da Fala protesta perante a decisión de Bruño-Salvat de non publicaren as aventuras na nosa lingua.


19/Marzo/2007 /

"Sabes onde está La Teijeira, El Bollo ou Chandreja de Queija...?"

"...Nós dicímoscho: no Instituto Xeográfico Nacional". A Ciberirmandade da Fala suma apoios na rede para eliminar os "barbarismos" da web deste órgano dependente do Ministerio de Fomento.