Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
TEN A WEB EN INGLÉS E CASTELÁN

A Ciberirmandade lanza unha campaña para galeguizar Blusens

Animan aos internautas a advertir ao fabricante que non mercarán os seus mp3s se non incorpora a lingua do país

Redacción - 17:34 03/10/2007

O grupo de activistas a prol do galego en internet, a Ciberirmandade, acaba botar a andar unha campaña para que Blusens, a firma santiaguesa líder en reprodutores de mp3, empregue o idioma do país.

Creada en 2002 en Galiza, asegura investir o 10% da sua facturación en I+D+I, presumen de ser diferentes, innovadores, excelentes, cun marketing agresivo e un servizo post-venta personalizado” argumenta a Ciberimandade. O colectivo anima a mandar correos á empresa para que “as súas páxinas web se fagan na nosa lingua”. Neste intre só están dispoñíbeis en inglés e castelán.

Posíbel boicot?
É máis, a Ciberirmandade pide aos internautas que advirtan por correo á empresa que non comprarán os seus produtos se non apostan polo galego. "Infórmolle de que esta cuestión terá moita importancia para min á hora de elixir ou cambiar de empresa nos tramos de servizos que prestan" sinala o correo de protesta.


4,75/5 (16 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: