Será no Pavillón das Travesas ás 21:00 horas. É un dos partidos máis importantes da tempada, pois poderíalles axudar a calquera dos dous equipos a dar un paso máis cara Europa.
Os equipos galegos na LEB Ouro seguen a loitar polo ascenso, mentres as mozas buscan os postos de play-off para xogar a tempada que vén en Europa.
Loitan por poder xogar no cancha propia os partidos que os levarían a Europa. As viguesas parten con vantaxe.
As viguesas perderon a mediodía contra o EBE Promociones por 85-66, e as arousáns, a primeira hora da tarde, por 71-61 contra o San José.
Ábrese esta sexta feira a primeira eliminatoria cos dous equipos galegos loitando polo pase á final.
As viguesas clasificáronse para xogar a final raíña (nunca mellor dito) do baloncesto estatal, mais grazas á vitoria do Zaragoza fronte o Hondarribia.
A penúltima xornada da División de Honra do baloncesto feminino tiña como principal atractivo a loita polos cinco postos que ficaban sen dono, pensados para poder xogar a chamada "Copa da Raíña".
As xogadoras compostelás acusaron o seu alto número de baixas. As viguesas demostraron ser o mellor equipo da Liga Galega.
Cun importante triunfo ante o Estudiantes, un do seus rivais directos, o Celta Vigourban certificou case de xeito definitivo a súa permanencia un ano máis na elite do básquet feminino. O cadro de Miguel Méndez venceu 57-53 grazas a unha boa defensa e a vantaxe de sete puntos acadada no terceiro cuarto.