As viguesas perderon a mediodía contra o EBE Promociones por 85-66, e as arousáns, a primeira hora da tarde, por 71-61 contra o San José.
As opcións galegas na Copa de Raíña de baloncesto feminino esvaecéronse nunhas poucas horas.
O primeiro dos partidos, o que ía enfrontar ao Celta Vigourban contra o EBE Promociones Santa Eulalia, comezou no mediodía desta sexta feira, dun xeito non moi bo para as viguesas, que tardaron en meterse no encontro.
En pouco tempo as diferenzas no marcados íanse acrecentando, e as rivais das galegas demostraron que estaban máis no partido que elas. O equipo celeste foi o primeiro galego en caer da eliminatoria da Copa.
CB San José, 71; Extrugasa, 61
Despois era a quenda do Extrugasa, que viña forte despois do seu paso pola Copa de Europa. Aínda así, as cousas tampouco lles saíron ben ás arousás en Sevilla, e tampouco pasaron, como as viguesas, de cuartos de final, por só dez puntos que lles roubaron as leonesas do San José.
As arousás comezaron forte, pero a partir do terceiro período, as leonesas foron collendo forza, e medrando, mentres ía crecendo, ao tempo, o seu marcador.