Os dispositivos SSD xa se atopan en móbiles, mp3 e ordenadores ultraportátiles, xa que ao non ter pezas movibles, soportan mellor as vibracións, son de pequeno tamaño e menor peso e ademais ofrecen unha lectura de datos máis rápida.
O portal Terra utilizou as suxestións que os propios usuarios lle fixeron nos seus comentarios para crear unha nova páxina de inicio que, polo momento, convivirá coa tradicional.