Os dispositivos SSD xa se atopan en móbiles, mp3 e ordenadores ultraportátiles, xa que ao non ter pezas movibles, soportan mellor as vibracións, son de pequeno tamaño e menor peso e ademais ofrecen unha lectura de datos máis rápida.
Dispositivo SSD
Estes Solid State Drive (SSD) aseméllanse ás memorias flash, incluíndo unha memoria non volátil (os datos quedan gravados) ou unha memoria volátil (os datos pasan a outra unidade).
Na actualidade, o seu maior uso está nos novos ultraportátiles, de cara a substituír os discos duros convencionais, que debido ao seu tamaño cada vez máis pequeno e a súa gran capacidade, xeran moita calor na súa superficie durante a transferencia de datos, o cal supón unha merma na duración da batería e no funcionamento xeral do equipo portátil.
Así, as principais vantaxes dos SSD están o arranque máis rápido e un menor tempo de acceso aos datos (que repercute nun menor uso de enerxía). Ademais, prodúcese menos calor, ao non ter partes móbiles na estructura, o que significa unha maior duración da batería. Amais, son máis silenciosos e aguantan mellor as vibracións.
Pero non todo son vantaxes, os SSD tamén teñen os seus inconvenientes. En primeiro lugar, o seu alto prezo. Pero ademais, o seu ciclo de vida é máis curto que o dos discos duros convencionais, o que incrementa máis, se cabe, o seu custo.
No que fai ao funcionamento, cos dispositivos SSD o maior problema está na posibilidade de perda de datos, xa que á hora de recuperar arquivos, os datos de discos duros de partes mecánicas poden ser recuperados se falla esa parte mecánica, porén nas unidades de disco sólido, se unha cela é danada, os datos son destruídos e non hai posibilidade de recuperalos.
FWWWRANDO