As mozas e os mozos da selección galega trouxeron un total de doce medallas: un ouro, catro pratas e sete bronces.
Esta fin de semana dispútase na localidade catalá de Vilaseca un torneo ao que acoden 13 mozas do país e outros tantos mozos.
Polo de agora, estas foron as medallas conseguidas. Batéronse plusmarcas galegas e atletas coma Paula Mayobre ou Sandra Mosquera volveron ao primeiro plano.