Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
CAMPIONATOS ESTATAIS JÚNIOR

O taekwondo galego conserva a saúde dun buxo

As mozas e os mozos da selección galega trouxeron un total de doce medallas: un ouro, catro pratas e sete bronces.

Redacción - 13:35 09/02/2009
As novas fornadas aseguran o futuro do noso taekwondo

As novas fornadas aseguran o futuro do noso taekwondo

A selección galega júnior de taekwondo volveu de Vilaseca coa cabeza alta despois de acadar medalla 12 dos 26 loitadores que foron representar ao país até a vila catalá. Das 26 medallas unha foi de ouro, catro de prata e sete de bronce. Dende a federación galega dan especial importancia aos resultados acadados, porque levaron ao campionato un equipo moi novo no que moitos dos loitadores competiron na categoría de júnior malia ter aínda a idade para loitar coa selección cadete. A noticia negativa deixouna o vigués Darío González Correa, que sufriu unha rotura na falanxe dun dedo do pé. Estas son as medallas acadadas pola selección galega:

Ouro
Francisco Padín Oliveira, do Olimpic-Vilagarcía.

Prata

Lucia Ferrari Piñeiro, do Patiño Moaña.
Sabela Lonja Dios, do Natural Sada.
Jorge Choren Lago, do Olimpic-Vilagarcía.
Katia Calvar Martínez, do Mat´s Marín.

Bronce
Yaiza Loira Ramallo, do Patiño Moaña.
Dario González Correa, do Budo Aqua Sport - Vigo.
Silvia Rodríguez Longueira, do Garrapuco da Coruña.
Nicolás Domínguez Álvarez, do Tao- Clínicas Luís Vilas, de Vigo.
Omar Martínez Carnero, do Mace Sport Pontevedra.
Carla Balado Conde, do Mat´s Marín.
Raúl Torres Fernández, do Mace Sport Pontevedra.


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: