O proceso xudicial podería rematar coa desaparición dunha firma conserveira que lle dá emprego a 350 persoas.
As operarias de Alfageme, que tiñan realizado un acto de protesta, néganse á petición policial ao alegar que están no seu posto laboral.
As traballadoras demandan que se lles paguen os salarios endebedados e que se garanta o futuro da empresa.
Reclaman unha xuntanza co alcalde, a quen acusan de non atender en dous meses ás súas peticións e de non mediar para acadar unha solución ao problema.
As 150 traballadoras rexeitan o plan de viabilidade presentado pola empresa, que contempla o peche de dúas das catro fábricas do grupo.