Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CONFLITO LABORAL

Axentes antidisturbios entran nunha conserveira viguesa e intentan identificar ducias de traballadores

As operarias de Alfageme, que tiñan realizado un acto de protesta, néganse á petición policial ao alegar que están no seu posto laboral.

Redacción - 13:21 25/03/2010

A empresa conserveira Alfageme está a ser outra vez este xoves foco de conflito laboral. Traballadoras da empresa viguesa pecharon a empresa con cadeas a primeira hora da mañá en protesta contra unha firma que lle adebeda dous salarios. Dende a xerencia da empresa deron parte á policía do sucedido.

Un grupo de axentes antidisturbios personouse contra o mediodía nas instalacións e intentou identificar aos traballadores que estaban dentro da fábrica. Os operarios negáronse a facilitar os seus datos persoais alegando que estaban nos seus postos laborais.


5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: