O segundo premio foi compartido por Telmo Esnal ('Taxi') e Luis Segura ('Nena!'). Xurxo González ('Os señores do vento'), mellor curta en galego.
Tamén recibiron premio 'Bata por fóra/ muller por dentro', de C. Brenlla e 'After Shave', de D. Castro, como mellor documental e mellor curta de ficción.
A realizadora ferrolá Peque Varela presentou a súa curta de animación '1977' no Festival de Sundance.
Foi un dos 83 traballos escollidos entre 5.107 solicitudes. O filme participará este ano en máis de media ducia de festivais internacionais.