Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Decreto sobre Leite de calidade diferenciada

O BNG acusa a Medio Rural de manipular os órganos directivos do Ligal

A Consellaría, di a formación, procurou unha directiva "submisa" no Laboratorio Interprofesional Galego de Análise do Leite.

Redacción - 17:15 05/07/2010
A deputada do BNG Tareixa Paz

A deputada do BNG Tareixa Paz

A deputada do BNG Tareixa Paz presentou varias iniciativas parlamentarias para denunciar a "manipulación" realizada por Medio Rural no Laboratorio Interprofesional Galego de Análise do Leite, Ligal, introducindo mudanzas na súa Xunta Directiva que, segundo os nacionalistas, deixaron totalmente excluídas as industrias galegas. Paz pídelle explicacións á Xunta sobre cal foi a súa actuación ante estes cambios e se teñen que ver coa aplicación do novo Decreto sobre Leite de calidade diferenciada.

Para a nacionalista, logo de 20 anos de funcionamento do Ligal sen interferencias dos sucesivos gobernos autonómicos, non se entende por que Medio Rural "realizou presións" para impor que a representación da parte industrial sexa ostentada en exclusiva por empresas da Federación Nacional (española) de Industrias Lácteas, Fenil, e se prescinda tanto das empresas galegas (Feiraco e Leite Río), cooperativas e gandeiros, "a través de Leandro Quintas, que sempre fixo escoitar a súa voz crítica".

A Consellaría de Medio Rural, asegura Tareixa Paz, "presionou mesmo con ameazas, co argumento de que as instalacións que utilizan son da súa propiedade, impondo deste xeito unha nova directiva máis submisa e que non exprese opinións contrarias á implicación do Ligal no desenvolvemento do Decreto sobre Leite de calidade diferenciada, que se non se remedia pode prexudicar o 40% das explotacións leiteiras galegas, sen que beneficie ningunha".


5/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: