A presidenta de Galicia Bilingüe acusa ás mocidade do BNG de ter desacreditado o seu labor como profesora.
Lago considera que Galiza Nova atacou a súa honra
O colectivo Galicia Bilingüe segue a entrar nos xulgados con facilidade. Este sábado, a organización política Galiza Nova deu a coñecer que a presidenta do colectivo contra a normalización, Gloria Lago, presentou unha demanda xudicial contra as mocidades do BNG. Segundo explicou a súa secretaria xeral Iria Aboi, a denunciante reclama 30 mil euros por deshonra pública.
A demanda ten que ver cun suposto delito que tería constituído o reparto dun boletín ás portas dun instituto de Vigo. No panfleto recollíanse críticas de estudantes e profesores ao labor profesional da presidenta de Galicia Bilingüe.
Aboi subliñou que en ningún momento Galiza Nova buscou danar a honra de ninguén: “senón poñer en coñecemento da opinión pública as actitudes hostís contra a lingua galega” que practicaría Lago dende o seu posto de profesora de ensino medio.
Dende Galiza Nova fixeron un chamamento á cidadanía para que participe nunha concentración que terá lugar diante dos xulgado de Vigo o vindeiro día 1 de xullo, ás 10 horas, cando está previsto un primeiro acto de conciliación.
Podes ver aquí o comunicado feito público esta fin de semana por Galiza Nova.