Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NOVIDADE EDITORIAL

A voltas co porco

O británico John Barlow publica 'Todo menos o cuiñar', a tradución ao galego daquel peculiar libro de viaxes no que presentaba Galiza e as súas calidades culinarias aos lectores ingleses. Vídeo no interior.

Redacción - 11:15 17/06/2010

'Todo menos o cuiñar'. Este é o título do novo libro no que John Barlow lle dá unha nova volta ás saborosas calidades gastronómicas do noso porco nunha tradución ao galego do seu “Everything but the squear” (Todo agás o berro). O libro, unha incursión na literatura de viaxes, exalta as carnes porcinas, das que o inglés casado en Lalín tirou boa proba, mais tamén recolle outras experiencias en Galiza, como o entroido de Laza, o camiño de Santiago ou mesmo unha entrevista co ex-presidente do Goberno Manuel Fraga.

Despois de ofrecerlle a súa peculiar visión de Galiza aos lectores de fala inglesa, Barlow preséntanos unha edición galega, que será presentada este xoves na Coruña. Cunha tradución de Bárbara Álvarez Fernández, o resultado é un libro que, como adiantaban as críticas de xornais como Time ou The Economist, fala dun territorio “que non se parece a España”.


5/5 (10 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Vídeo: Recuperamos a conversa con Barlow ao respecto da súa publicación