O Bloque pide que a valoración da Xunta sobre as consecuencias da fuga de empresas galegas ao norte de África.
Fileiras de automóbiles, colocadas no porto de Vigo / Flickr: Alejandro Arce
O impulso por parte do goberno de Marrocos nunha nova área industrial na zona de Tánxer, co obxectivo de convertela en complexo industrial e loxístico e posicionarse como centro de referencia a nivel internacional será froito de análise na Cámara.
O feito de que este complexo abranga entre as súas prioridades o sector da automoción espertou un crecente interese por parte de empresas galegas ou asentadas en Galiza. Por este motivo, o voceiro en materia de políticas laborais do grupo parlamentario do BNG, Henrique Viéitez, achegou unha pregunta na Cámara ao respecto do traslado de empresas desde Galiza a Marrocos.
Unha tendencia que, advirte o deputado do Bloque, terá "unha importante incidencia no emprego galego e no desenvolvemento económico do noso país". O BNG demanda así a valoración da Xunta sobre esta marcha de empresas galegas a Marrocos e as consecuencias que este novo emprazamento vai ter para a xeración de emprego en Galiza.