Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ESTE DOMINGO

O independentismo flamengo, favorito nas eleccións belgas

Bélxica elixe os seus 150 deputados federais nuns comicios nos que a viabilidade do propio federalismo está en xogo.

Redacción - 13:00 13/06/2010

Os belgas están votando este domingo para renovar os seus 150 deputados federais nun contexto no que, atendendo ás sondaxes, o soberanismo flamengo pode conseguir un resultado histórico. Nun momento de crise entre as comunidades de fala neerlandesa e francesa, xurdeu como verdadeira alternativa o partido republicano, conservador e independentista Nova Alianza Flamenga (N-VA).

As enquisas auguran a vitoria dos nacionalistas flamengos en Flandes e mesmo algunhas sondaxes os sitúan como a forza máis votada no conxunto do Estado federal. Mentres, os socialistas francófonos (PS) imporíanse en Valonia.

Bélxica, na práctica, é un país dividido en dous. No norte, Flandres, máis poboada, neerlandófona, próspera, crecentemente nacionalista, reclama máis autonomía. No sur, Valonia, francófona e deprimida, teme a ruptura. Non hai partidos comúns: flamengos e valóns elixen os seus representantes por separado. Os electos deberán, despois, por imperativo legal, formar unha colación de goberno con representación das dúas parte.

O presidente de N-VA, Bart de Wever, o candidato mellor situado para converterse no primeiro novo ministro belga, asegurou nos últimos días de campaña que a súa vitoria non significaría automáticamente a fín de Bélxica. Porén, defende que, a medio prazo, o estado belga debería ter as competencias comúns de Defensa e Exteriores. E despois, di, “Bélxica evaporarase de forma gradual”.


5/5 (5 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: