Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
Política municipal

"Non é unha cidade máis senón a capital da nosa nación"

O BNG celebrou os seus dez anos de presenza no goberno do Concello de Compostela cun acto no Teatro Principal e a proxección dun documental.

Redacción - 17:30 04/06/2010
Tamén houbo intervencións musicais

Tamén houbo intervencións musicais

O BNG celebrou este martes pola noite os seus dez anos de presenza no goberno do Concello de Compostela, onde permanece desde que en 1999 accedeu por vez primeira desde os tempos da II República Española. "Non é unha cidade máis senón a capital da nosa nación", afirmaron os nacionalistas.

O evento desenvolveuse no Teatro Principal, e contou coa intervención do portavoz nacional, Guillerme Vázquez, e dos que foron os tres voceiros municipais durante esta década: Encarna Otero, Néstor Rego e Socorro García Conde, actualmente no cargo.

O documental 10 anos do BNG creando realidades en Compostela centrou o acto, que contou cunha importante asistencia. Na peza, que está previsto que se distribúa a través da rede, faise un pequeno repaso polos fitos principais da formación a través da visión de máis de 60 veciños do municipio.

"Transformando Compostela"
"Unha mostra representativa e plural da sociedade compostelá que dá a súa opinión sobre unha experiencia de goberno que ten transformado Santiago nos últimos anos" segundo García Conde. "Para nós é unha satisfacción comprobar como unha das características que máis se repiten para caracterizar o BNG é que esta é unha organización que cumpre cos seus compromisos", engadiu.

Xosé Manuel Iglesias anuncia que non volverá optar a ser concelleiro
O concelleiro de Promoción Económica, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, non repetirá nas listas do BNG para as vindeiras eleccións municipais que se celebrarán en maio. Iglesias que forma parte do goberno local dende a chegada do BNG ao mesmo en 1999 sinalou que agotará o mandato actual e logo abandonará a política institucional para reincorporarse, posibelmente, ao seu posto de profesor de secundaria.



5/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: