Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Debate no Congreso

O PSOE salva o "plan de axuste", mais CiU ponlle caducidade á lexislatura

Duran i Lleida confirma a abstención ao que cualifican de "tesoirada social" pero advírtelle ao goberno español de que non apoiará os próximos orzamentos.

Redacción - 11:45 27/05/2010

"Son medidas dolorosas pero inevitábeis", teimou a vicepresidenta segunda e ministra de Economía, Elena Salgado, esta quinta feira no Congreso durante a súa intervención en defensa do plan de axuste deseñado polo goberno español. Un Real Decreto que finalmente sae adiante pola mínima: 169 votos a favor fronte a 168 en contra, ademais de 13 abstencións. Insistiu Salgado en que se trata de medidas imprescindíbeis para conseguir que o déficit público, actualmente por riba do 11%, descenda ao 3% na altura de 2013. A ministra pediu o apoio dos grupos parlamentarios para un "esforzo" que, subliñou, será necesario para "garantir o futuro do país e para que as próximas xeracións poidan seguir gozando dos beneficios sociais até o de agora conseguidos".

O plan de recorte do gasto público segue o seu curso logo da decisión de CiU de absterse. Con todo, nun belixerante discurso, o voceiro de CiU no Congreso, Josep Antoni Duran i Lleida, avanzou que a súa formación votará en contra dos próximos Orzamentos Xerais do Estado. Un escenario que se debuxa así extremadamente difícil para o goberno español o próximo outono e que implica na práctica un claro empurrón á convocatoria de eleccións anticipadas. "O problema señor presidente é vostede: rematou a súa etapa", afirmou Duran i Lleida, "isto xa non se aguanta máis e a súa etapa como presidente está finiquitada", insistiu, reclamando a convocatoria de eleccións.


4/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: