Persoas de diferentes eidos e sensibilidades políticas explícannos a orixe da actual situación económica e propoñen solucións.
A crise económica xa non está en dúbida, mais si ofrece dúbidas o futuro. Na procura de respostas, de alternativas, para propoñer solucións á difícil situación económica, falamos con dez persoas de diferentes ámbitos e ideoloxías para que nos acheguen respostas. Son Iolanda Díaz, Carlos Fernández, Román Rodríguez, Francisco Rodríguez, Xulia Guntín, José Posada, Charo Lopes, Marcelino Fernández Mallo, Carme Freire e Eduardo Rego.
Todos eles contestan, de xeito breve e resumido, a tres preguntas básicas que, malia estar no foco do debate político e social, non atoparon aínda unha reposta unánime: Por que temos a actual situación de crise?; Cales poden ser as solucións?; Cal cre que será o futuro? Velaquí as súas respostas (clica para acceder á información):