Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A CRISE. CAUSAS, SOLUCIÓNS E FUTURO

Carlos Fernández: 'Os poderes públicos deben ter maior control sobre os grandes mercados'

"Prefiro non pensar en 'brotes verdes' porque cando parece que chegan, xorden informacións desde Europa que tiran ese pequeno período de optimismo"

Redacción - 11:00 26/05/2010

CARLOS FERNÁNDEZ é presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias e alcalde de Ames (PSdeG) dende o 2003. Foi secretario de Organización da UXT, ademais doutros cargos no sindicato, tenente alcalde de Santiago ou deputado na Deputación da Coruña.

a) Por que temos a actual situación de crise?
Cumpriría unha tese doutoral para cada unha das cuestións. Esta crise diferénciase de todas as anteriores en que é de corte especulativo. Desencadeouse a raíz da capacidade de manexar os mercados dalgúns poucos coa ambición desmesurada de incrementar o capital.

b) Cales poden ser as solucións?
Nin os políticos ao máis alto nivel, nin os economistas máis prestixiosos están sendo quen de dar unha solución, polo que sería moi presuntuoso dala pola miña banda. Si que podemos extraer algunhas claves. Primeiro, impedir que os especuladores e os mercados de capitais marquen de xeito tan predominante as economías mundiais. E segundo, conseguiren os poderes públicos maior capacidade de control e de vixilancia sobre estes grandes mercados de capitais e sobre a banca.

c) Cal cre que será o futuro?
Cada vez creo menos nos grandes gurús da economía mundial, que teñen boa parte de culpa do que está a acontecer. Eu penso que é bastante imprevisíbel e aventurar calquera cousa é perigosísimo. Hai uns meses falábannos dos 'brotes verdes' desde diferentes ámbitos e pouco despois chegou un gran recorte. Prefiro non pensar en 'brotes verdes' porque cando parece que chegan, xorden informacións desde Europa que tiran ese pequeno período de optimismo.


2,43/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: