Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Día das Letras

BNG: "Nas aulas de Galiza, Queremos Galego"

“O PP debe escoitar e rectificar“, así o afirmaba Iria Aboi, Secretaria Xeral de Galiza Nova en relación co decreto do galego impulsado polo PP na Xunta.

Redacción - 10:00 17/05/2010
Tags:

"Este disparate de decreto bautízase como 'do plurilingüismo' coa intención de tentar confundir a opinión pública cando é un claro ataque contra a nosa lingua", denunciou este domingo a secretaria xeral de Galiza Nova, Iria Aboi. Para a voceira das mocidades do BNG, "todos os datos, incluso os máis recentes do Instituto Galego de Estatística, amosan que o galego continúa a estar nunha situación de desigualdade e marxinación en moitos ámbitos e a perder falantes entre a xente nova de xeito alarmante". "Mentres a Xunta de Galicia pretende cortar de raíz o futuro da lingua con un decreto que é unha navallada de morte ao galego", advirte Aboi.

Para Galiza Nova "é gravísimo que a Xunta vaia en contra das súas encomendas de defensa e promoción activa da lingua galega" impulsando un decreto que "rebaixa a porcentaxe de horas impartidas no noso idioma no ensino secundario, mesmo prohibindo ao profesorado o seu uso en materias do ámbito científico-técnico, ao mesmo tempo que varre a nosa lingua da educación infantil nas cidades e vilas grandes".


4/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: