Os socialistas agoiran un comezo de curso "caótico e conflitivo" e esíxenlle á Xunta a retirada do decretazo.
Desde o PSdeG acusan a Xunta de crear a paradoxal situación de que quen vai defender a legalidade vixente diante dun goberno "que impón un texto ilegal" e a comunidade educativa que "ben podería negarse a aplicar a devandita norma por ilegal". Os socialistas, que adhiren a convocatoria da Plataforma Queremos Galego este luns, anunciaron a presentación dunha moción no Pleno do Parlamento para esixir a "inmediata retirada" do texto do decretazo e a creación dun marco parlamentario de consenso para aprobar unha nova redacción do decreto.
"Se o Goberno non defende a legalidade, tomaremos todas as medidas á nosa disposición para restaurar a legalidade", expón o portavoz en materia de Educación do grupo parlamentario do PSdeG, Guillermo Meijón. O deputado socialistas pregúntalle á Xunta "que educación e que valores democráticos queren transmitir aos nosos fillos e fillas cando pretenden aprobar unha norma ilegal".Ao fío, o PSdeG considera que o conselleiro de Educación está "invalidado como conselleiro" logo de que no Pleno da pasada semana eludira explicar se aprobaría o decreto no caso de ir contra a Lei, tal e como o Consello Consultivo advirte.