Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Comisión de Sanidade do Parlamento

O futuro das áreas sanitarias de Monforte, A Mariña, Valdeorras e O Salnés permanece incerto

"Eu non xestiono o territorio, só nos preocupa mellorar a calidade da asistencia sanitaria", afirma a directora xerente do Sergas.

Redacción - 19:30 29/04/2010
Mosquera Álvarez, de pé ao fondo

Mosquera Álvarez, de pé ao fondo

A directora xerente do Sergas, Rocío Mosquera Álvarez, compareceu esta quinta feira pola mañá na Comisión de Sanidade do Parlamento para informar sobre o novo sistema de xestión das áreas sanitarias, que integrará as áreas de atención primaria e atención especializada.

A portavoz de sanidade do BNG, Ana Luísa Bouza, preguntou até en tres ocasión veces polo futuro das áreas sanitarias de Monforte, A Mariña, Valdeorras e O Salnés, se "van ter un xerente executivo dependente de Lugo, Ourense e Pontevedra, respectivamente, ou van continuar como áreas sanitarias propias".

"Eu non xestiono o territorio, só nos preocupa mellorar a calidade da asistencia sanitaria", respondeu Mosquera Álvarez, algo que a deputada nacionalista interpreta como parte da estratexia do PPdeG de "manter a confusión á mantenta". "A xente vive nun territorio, con problemas para se desprazar, e iso tamén lle debe preocupar ao Goberno do PP", afirmou.

No mesmo senso, o deputado do PSdeG Modesto Pose apuntou que, na estrutura organizada pola Xunta para a área sanitaria da Coruña, o hospital comarcal de Cee aparece referenciado como unha "xerencia executiva" que "depende" do xerente de xestión integrada da área, ao mesmo nivel "dun subdirector", polo que impedirá, entre outras cousas, "negociar directamente os fondos do hospital co Sergas".


5/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: