O denunciante quere que o rexedor rectifique publicamente. O mandatario non dá marcha atrás: “polo menos podía pagar as taxas do coche”.
A política local vívese con outra intensidade e en Ponteceso semella que aínda máis. No municipio bergantiñán a vida consistorial e os xulgados semellan ir collidos da mesma man. Boa parte disto ten que ver co enfrontamento visceral entre o alcalde, Xosé Luís Fondo Aguiar (PPdeG), e o voceiro municipal dos socialistas, Xosé Mato Pet.
Este último vén de denunciar o rexedor por “revelación e violación de segredos”. O 'popular' afirmou publicamente que o concelleiro socialista non paga os seus impostos no municipio “podía pagar polo menos o do coche”. A Mato Pet non lle sentaron nada ben as acusacións e agora pide que a xustiza lle obrigue ao alcalde a rectificar na edición local de La Voz de Galicia e na web do PP.