O lume, que se iniciou na tarde do sábado, quedou extinguido cara as catro horas da madrugada do domingo.
Un incendio forestal queimou 33 hectáreas, a maior parte delas de monte raso, na parroquia de San Martín de Lúa, no municipio de Pol (Lugo), segundo informa a Consellaría de Medio Rural.
O lume tería comezado na tarde do sábado e as labores de extinción iniciáronse en torno as 19:30 horas, segundo informa a Xunta, quen explicou que as chamas quedaron definitivamente extinguidas as 3:50 horas da madrugada do domingo.
A área afectada ocupa 33 hectáreas, segundo as primeiras estimacións. Deslas 30 son do monte raso. Nas labores de extinción participaron tres axentes forestais, un técnico, 12 brigadas (composteas por entre cinco e sete persoas), catro motobombas, un bulldozer e tres helicópteros de extinción.
Análise en Vieiros: