Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Diante da sede da ONU

Acto simbólico en Xenebra a prol do Estado catalán

A plataforma Deumil.cat fai entrega dos votos do referendo do pasado febreiro.

Redacción - 16:30 08/04/2010

"Volem un Estat català" (Queremos un Estado Catalán) foi lema da manifestación convocada en marzo de 2009 en Bruxelas pola plataforma Deumil.cat. Un exitoso acto que serviu para a proxección internacional das reivindicacións do independentismo catalán.

Co mesmo espírito Deumil.cat achégase este xoves a Xenebra para realizar un xesto diante da sede das Nacións Unidas e no que se fará entrega simbólica do conxunto dos votos da consulta soberanista do pasado mes de febreiro en ducias de municipios de Cataluña. Co mesmo obxectivo de internacionalizar a reclamación darase a coñecer un manifesto en prol do dereito de autodeterminación.

"Todo é posíbel"
Ao fío do asunto contámoslles do libro Descubriendo a Montilla, froito das conversas que o xornalista Gabriel Pernau mantivo co actual presidente da Generalitat de Catalunya. No transcurso dun destes diálogos, e preguntado pola posibilidade de que nun futuro chegue a crearse un Estado catalán, responde Montilla: "Todo é posíbel". "Se miramos a historia e vemos grandes imperios que deixaron de selo, países independentes que deixaron de existir e outros que apareceron (...) Fundamentalmente dependerá da vontade dos cataláns", reflexiona o político socialista.

Recomendámoslles ampliar en Vilaweb: Cap a l'ONU per l'estat propi.


5/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: